Lectura e familias, taller de Pascua coa nai de Sasha

Un taller de Pascua da man da nai de Sasha. En Ucrania a Pascua é unha festividade moi especial na que os ovos son un agasallo para desexar cousas boas para quen o recibe. Cantamos unha canción de primavera e empregamos as temperas para crear os nosos ovos.










VOLUNTARIADO NA RESIDENCIA DOMUSVI

Estas xornadas de lectura e convivencia evidenciando unha brecha xerenacional son incribles. 

Dende a biblioteca do cole o volutariado de sexto preparou un contantos do libro "As xirafas non poden bailar" para representalo ás escuras con luz negra, creando un escenario incrible onde as cores mudan fosforitas nun fondo negro. 

Despois desta experiencia, coma sempre, compartimos un rato distendido con xogos de mesa e nesta ocasión, tamén de baile!










Grazas por nos permitir ler e pasar unha mañá con vós.

Lectura e familias coa nai de Teo e Lucía

Na biblio tivemos unha lectura moi especial con Raquel, a nai de Teo e Lucía. 
Touxeron un libro da súa casa que para compartir con nós. As interpretacións que cada neno e nena fixeron foron moi interesantes, polo que sempre unha lectura pode abrir mil camiños. Grazas por vir!




DÍA DA MULLER, AS MULLERES DO NOSOS COLE

Para conmemorar este día, este ano decidimos que as mulleres importantes eran as mulleres das nosas vidas. Por iso invitámolas á biblioteca a unha tertulia sobre a importancia deste día na nosa sociedade e ademáis, ser testigos das súas experiencias. Sen dúbida foi unha actividade innolvidable! 










SEMANA DA PRENSA


O longo desta semana traballamos con diferenres xornais e revistas na biblioteca e nas aulas. As propostas foron moi variadas e os nenos e nenas crearon, entre outras actividades, un mural de noticias disparatadas. 












NOVO RECUNCHO DA BIBLIO

Estreamos novo recuncho da biblio! Os nosos amigos xa están a desfrutar deste espazo que ten aseguradas lecturas, risas e moitas historias por vir!!!! 



APADRIÑAMENTOS DO VOLUNTARIADO 6º

Hoxe o voluntariado de sexto dixo un apadriñamento aos nenos e nenas de primeiro. Fixéronno en diferentes lugar da biblio e dos espazos contiguos, estreando así o novo rincón de sofás da biblio.