Mostrando entradas con la etiqueta voluntariado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta voluntariado. Mostrar todas las entradas

SEMANA DO LIBRO

Esta semana fixemos varias actividades para celebrar o 23 de abril Día Internacional do Libro.

Tivemos a sorte de estar convidados á inauguración do concurso de Comerciante de Teis  do Día do Libro, que consiste na búsqueda do autor e libro de diferentes fragmentos de obras máis importantes da literatura ubicadas nos distintos establecementos do barrio. Esta búsqueda é apoiada dende o colexio para a búsqueda de información.  





Tamé fixéronse marcapáxinas, apadriñamentos entre niveis das etapas de infantil e primaria, sendo esta activiade unha actividade modelo para os vindeiros cursos escolares xa que aos nenos gústalle moito estas interacións entre idades diferentes.




Ademáis, os alumnos de sexto que están inmersos no programa de Voluntariado, visitaron a residencia de anciáns Domusvi Vigo, situada na nosa contorna para facer lecturas compartidas cos residentes. 









Visita á residencia Domusvi Vigo dos nenos de 5º e 6º de primaria

 Os alumnos de tercer ciclo visitaron a residencia Domusvi Vigo para crear un encontro interxeracional a través de distintas actividades. Este encontro é froito do

“programa voluntariado con F” é dicir, lecturas fóra do centro.

Os alumnos leron aos residente varios contos representados a través do Kamishibai. Trátase dun teatrillo xaponés ( significa teatro en papel) na que narraron os contos a través de imaxes. 

Ademais tamén compartimos con eles un rato moi agradable xogando a xogos de mesa como o parchis, a oca, o bingo, dominó, etc.

Como agasallo, o cole donou varios libros aos residentes para así regalar lectura para o seu tempo de lecer. A residencia agradeceunos a visita cuns pinchos a media mañá que sentáronnos fabulosos!







Voluntariado compartindo lecturas con infantil

Outra vez os nenos do voluntariado len un novo conto aos cativos de infantil. Estas lecturas son un éxito total na que os pequenos atenden sen perder detalle! Nesta ocasión o libro elexido foi "Neste conto non hai ningún lobo feroz".











Voluntariado lendo con Kamishibai

Os nenos de quinto leron varios contos mediante o teatriño do kamishibai aos nenos de infantil.  Todo un éxito poder gozar dos contos de distintas formas. 

Voluntariado na biblio

Os voluntarios realizan na biblioteca distintas tarefas como revisar que todo esté en orde, axudar na catalogación dos libros e tamen, len aos demais cursos facendo así und apradiñamentos lectores moi enriquecedores!