Recomendacións lectoras verán






 

I CONCURSO POESÍA SERAOGNA: A ESCOLA SEN ACOSO

 Dende a biblioteca do centro promoveuse a participación do alumnado no I Concurso de Poesía “Seraogna: A escola sen acoso”, unha iniciativa que buscaba fomentar a reflexión e a sensibilización arredor do acoso escolar a través da creación poética.

Co obxectivo de animar o alumnado a expresar as súas ideas e sentimentos mediante a poesía, realizouse unha campaña de difusión do certame e ofreceuse asesoramento ás persoas interesadas na elaboración dos seus textos. Desde a biblioteca orientouse ás participantes tanto na comprensión das bases do concurso como no proceso de creación e revisión dos poemas.

Como resultado desta iniciativa, cinco alumnas dos cursos de 4.º e 5.º decidiron presentar os seus traballos ao concurso, demostrando unha grande implicación e sensibilidade cara a unha temática tan importante como a convivencia e o respecto entre iguais.

A participación neste tipo de actividades constitúe unha valiosa oportunidade para fomentar a creatividade, a expresión escrita e a educación en valores, ao tempo que contribúe a visibilizar o rexeitamento do acoso escolar e a promover unha escola máis inclusiva e respectuosa.







Biblio creativa coa profe Deli!

 

BIBLIOTECA CREATIVA

Este curso abrimos no noso cole unha biblioteca creativa.

Comezamos dunha maneira moi sinxela, probando distintos materiais, texturas,  formas pero pronto pediron máis e foron convertindo a biblioteca creativa nun lugar onde compartir experiencias e  vivencias.

Organizaron obradoiros

 

Debuxaron, colorearon, recortaron, seguiron titoriais, falaron das súas creacións cos seus compañeiros e sobre todo compartiron o seu tempo e as súas inquedanzas con compañeiros de distintas idades.

Decoraron o mural da biblio creativa

 

 

 

E ata nos atrevimos a coser. Os comezos non foron doados pero ó final conseguimos coser as letras para o mural do día das letras galegas.

 

Os mércores e os venres a biblioteca converteuse nun punto de encontro dos nenos e nenas do cole, un espacio de creatividade onde compartiron e aprenderon uns de outros e donde seguiron aprendendo a vivir.

Visita da Residenci Domusvi Fátima ao cole

Con motivo dos maios, os maiores de DOMUSVI visitaron o noso cole. Compartimos unhas coplas que lles gustaron moito, despois fixemos unha manualidade de pintar un maio e, por último, xogamos ao bingo para pechar esta visita tan especial. 











lectura e familias, familias Jimenez

O noso proxecto de centro titulouse Unha escola sen fronteiras. Ao longo deste percorrido descubrimos lugares, comidas, costumes e tradicións de diferentes partes do mundo. Porén, decatámonos de que coñeciamos moi pouco dunha cultura que leva máis de 600 anos formando parte da historia e da riqueza cultural de España: a cultura xitana.

Grazas a Elisabet, nai de, Jessica  e Robeto e  a Sarai, nai de Adonay  a nosa biblioteca converteuse por un día nun espazo de encontro, aprendizaxe e emoción. Con enorme xenerosidade e cariño, compartiron connosco os costumes do seu pobo, a súa deliciosa gastronomía e a paixón dun xeito de bailar que nos emocionou e nos fixo participar dunha tradición chea de vida e sentimento.

Foi unha experiencia inesquecible que nos permitiu derrubar prexuízos, abrir a mente e achegarnos á verdadeira esencia da cultura xitana. Para seguir aprendendo, a biblioteca incorporará novos libros sobre este pobo e a súa historia. Mais hai algo que ningún libro pode transmitir por completo: a calor das persoas, as emocións compartidas e a riqueza dunha cultura vivida en primeira persoa, tal e como tivemos a fortuna de experimentar na nosa biblioteca.









Presentación do libro : " Cuentos con superpoderes para niñas"

 Tivemos a sorte de estar cunha das autoras do conto "Cuentos con superpoderes para niñas". Ela é Yuri, unha antiga mestra do noso cole. 

Lemos e falamos sobre os poderes como a solidaridade, empatía,  bondade, gratitude, etc






Lectura e familias - Obradoiro de dobraxe

Obradoiro fantástico sobre como facer dobraxes! Damián estivo na nosa biblio co alumando de 5º e 6º e as súas familias traballando diferentes aspectos sobre a dobraxe: ritmo, tons de voz e volume. Unha maravilla!  Moucho ten ganas dunha entrevista, atrevémonos?