Visita á residencia Domusvi Vigo dos nenos de 5º e 6º de primaria

 Os alumnos de tercer ciclo visitaron a residencia Domusvi Vigo para crear un encontro interxeracional a través de distintas actividades. Este encontro é froito do

“programa voluntariado con F” é dicir, lecturas fóra do centro.

Os alumnos leron aos residente varios contos representados a través do Kamishibai. Trátase dun teatrillo xaponés ( significa teatro en papel) na que narraron os contos a través de imaxes. 

Ademais tamén compartimos con eles un rato moi agradable xogando a xogos de mesa como o parchis, a oca, o bingo, dominó, etc.

Como agasallo, o cole donou varios libros aos residentes para así regalar lectura para o seu tempo de lecer. A residencia agradeceunos a visita cuns pinchos a media mañá que sentáronnos fabulosos!







No hay comentarios:

Publicar un comentario