Benvidos, xa estamos de volta!
Para esta gran apertura a biblioteca, como lugar máxico, trouxonos a María Pardo Trapote.
María Pardo Trapote foi unha cantante lírica internacional e veciña de Teis. Visitounos, reencarnada, para poder coñecela e así inaugurar a nosa biblioteca e o noso proxecto de centro "Florecendo Teis".
Deste xeito acercámonos á historia de Teis, lugar onde reside o noso colexio, e inauguramos a biblioteca como eixo de aprendizaxe.
Grazas Mia ( alumna de sexto de primaria) por presidir este acto de inauguración!
No hay comentarios:
Publicar un comentario