Samaín na biblioteca

Estos días na biblioteca estamos realizamos diferentes actividades de Samaín. 

Pasámolo xenial, dende lecturas variadas ata a elaboración  dun libro colaborativo de todo o cole de contos de Samaín e pócemas máxicas!

Traballando dende o proxecto deste ano " Florecendo Teis", os contos estiveron ambientados no Barrio das Flores e as pócemas fixémolas con nomes de plantas como por exemplo: margaridas fedorentas, tulipáns sanguiñentos... Aqueles nomes de plantas que non coñecíamos os buscamos en Internet, practicando así a búsqueda nos ordenadores.











No hay comentarios:

Publicar un comentario