O pasado luns 11 de novembro todo o alumnado do CEIP Vicente Risco saíu a coñecer o noso barrio.
Esta actividade, integrada dentro do proxecto de centro, Florecendo Teis serviu para que todos os nenos e nenas investigasen sobre o nome das rúas da contorna do centro. Así levaban un plano que lles servía de guía para ir identificando todas as rúas. Ademais tiñan outras actividades, dependendo da idade, como completar o nome das rúas ou poñer no plano o nome das rúas que faltaban.
Nesta actividade os cursos dos pequenos foron acompañados dos cursos dos maiores facendo así unha gran xornada de aprendizaxe, convivencia e inclusión.
Aquí tendes uns pequenos vídeos para lembrar este gran día.
5º e 6º de Infantil con 5º de Primaria
Primeiro e Cuarto de Primaria
Segundo e Terceiro de Primaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario