O avó de Sara, unha das alumnas de primeiro curso de primaria, acompañounos na hora de ler, léndonos o conto "Guapa", co que os nenos e nenas aprenderon a importancia de non cambiar nada de nós mesmos por outras persoas.
Ademais, dado que o día de Rosalía de Castro estaba preto, os alumnos e alumnas de primeiro léronlle unha das poesías máis destacadas da autora: "Adiós ríos, adiós fontes".
Para finalizar, o avó de Sara, que dedica parte do seu tempo libre a escribir, deleitounos cunha poesía dedicada á súa neta. Foi moi especial, xa que a última estrofa da poesía foi recitada pola propia Sara.





No hay comentarios:
Publicar un comentario