Durante este curso escolar os nenos e nenas de infantil estiveron traballando sobre as Illas Cies e participaron nun concurso que nos propuxeron dende o Parque Nacional das Illas Atlánticas, o cal consistiu en facer unha manualidade grupal tipo móbil colgante empregando materiais reciclados. Todos e todas puxeron moito empeño e grazas a todo ese esforzo resultaron premiados.
Como premio nos deron moitas cousas para a nosa biblioteca do cole entre as cales están un conto das Illas Cies, diferentes memorys, un doble e tamén agasallaron a cada neno e nena de infantil cunha mochila a cal levaba dentro unha gorra, e un conto. Gustounos moito todo e estamos moi agradecidos. Estes xogos están agora na biblio do cole para que todo o alumnado poida disfrutar de todos eles cando queira.


.jpeg)



No hay comentarios:
Publicar un comentario