📚 COMEZAMOS O CURSO ESCOLAR NA BIBLIO! 📚

  Moucho pasou un verán moi complicado na nosa biblio... Estaba triste sen as rapazas e os rapaces do Vicente Risco lendo na súa biblio, o seu carón, disfrutando dun tempo tranquilo e de calidade cos seus libros.

Hoxe, por fín, tivo a oportunidade de volver ver os seus "mouchiños e mouchiñas" nun acto de inauguración onde os nenos máis maiores ( 5º e 6º) leron un conto os máis pequenos de Infantil e dos primeiros dous ciclos de Primaria. 

Os contos foron sobre o proxecto de centro de este curso 25/26: Unha escola sen fronteiras. A rapazada levou para casa un pequeno folleto explicativo do primer paso neste proxecto: coñecer a GASTRONOMÍA das diferentes culturas que conviven no centro. 

Penso que Moucho vai estar ben contento con todas esas comidas, postres e lambetadas e van traer para probar a rapazada do Vicente Risco. 

A semana que ven comezaremos as formacións dos voluntarios e dos usuarios da biblio, non tedes moitísimas ganas??

Saúdos de Moucho e do seu axudante!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario