"Vivimos nun cole de paz e amor" que diría unha muller referente e moi cercana a biblio.
A violencia nunca está xustificada, e neste 25N Moucho quere visibilizar dende a biblio o Día da non Violencia contra a muller, pondo o foco na concienciación a través de historias cheas de aprendizaxe para as máis pequenas e pequenos. Deixamos unha mostra do expositor de libros sobre o 25N que temos para consultar na biblio.
Ademáis, este ano, Moucho conta coa colaboración dunhas "rapazas" feitas con cartón que berran forte e ben claro diferentes mensaxes de concienciación para todos nós. Víchedes todas?
Dende o centro tamén expuxéronse diferentes mensaxes de "típicas frases" que todos coñecemos para poder velas dende unha perspectiva de xénero e analizar o contido.
Pasade pola biblio!!
Recordade que agora tamén está aberta polas tardes para poder acudir cun adulto!

No hay comentarios:
Publicar un comentario