ENTROIDO SEN FRONTEIRAS!

Nesta semana de entroido a biblioteca do Moucho propuxo unha serie de lecturas para investigar sobre o noso PDI "Unha escola sen fronteiras", ademáis de facilitar a búsqueda de información nos dispositivos dixitais. 

Esta investigación, baseada nas diferentes formas festexar o entroido nas diferentes partes do mundo, deu como resultado un taller de confección de disfraces.  Confeccionaronse disfraces típicos que viaxaron desde Galicia ata Italia. 

As familias estiveron invitadas para participar neste taller de disfraces, sendo unhas xornadas de comunidade moi especiais para nós e, en especial, para os nosos alumanos. 


Por outro banda, tamén nas aulas traballamos que é unha receita, en concreto, a receita das filloas! Doce tradicional destas festas con taller de cociña incluído! Ñam, ñam










No hay comentarios:

Publicar un comentario