I CONCURSO POESÍA SERAOGNA: A ESCOLA SEN ACOSO

 Dende a biblioteca do centro promoveuse a participación do alumnado no I Concurso de Poesía “Seraogna: A escola sen acoso”, unha iniciativa que buscaba fomentar a reflexión e a sensibilización arredor do acoso escolar a través da creación poética.

Co obxectivo de animar o alumnado a expresar as súas ideas e sentimentos mediante a poesía, realizouse unha campaña de difusión do certame e ofreceuse asesoramento ás persoas interesadas na elaboración dos seus textos. Desde a biblioteca orientouse ás participantes tanto na comprensión das bases do concurso como no proceso de creación e revisión dos poemas.

Como resultado desta iniciativa, cinco alumnas dos cursos de 4.º e 5.º decidiron presentar os seus traballos ao concurso, demostrando unha grande implicación e sensibilidade cara a unha temática tan importante como a convivencia e o respecto entre iguais.

A participación neste tipo de actividades constitúe unha valiosa oportunidade para fomentar a creatividade, a expresión escrita e a educación en valores, ao tempo que contribúe a visibilizar o rexeitamento do acoso escolar e a promover unha escola máis inclusiva e respectuosa.







No hay comentarios:

Publicar un comentario